Regueiro de vento, camiño sen dor,
teu peito non deixa pegada
cal dorna que fende no mare!
Semente sen froito, carozo baleiro,
resoan as verbas saidas
dos beizos da soidade!
Quen quere e mais ama, fortuna é na ialma
cravare con dor esa fonda pegada
que leva camiño do amor.
Fortuna, si o froito cun raio sen trono
do peito unha bágoa arrinca.
Medran as verbas que o rego sementa na ialma
vivindo, bebendo.
Quen quere e non ama, na ialma é
condena e disgraza seguiren a muda chamada,
que leva camiño da morte.
miércoles, 5 de diciembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


